Jesús Deiros Rodríguez

Jesus Deiros Rodríguez

Formación

Cursei a Licenciatura de Veterinaiña entre os anos 1995 ao 2000 na Facultade de Veterinaria de Lugo. Completei a miña licenciatura cun período de investigación no Departamento de Patoloxía Animal, da Universidade de Santiago de Compostela, que me permitiu acadar o Grao de Licenciado en Veterinaria, a Suficiencia Investigadora en Medicina e Cirurxía Animal e o Doutoramento en Veterinaria.

Actividade profesional

Do ano 2000 ao 2005 participo como bolseiro en programas de investigación no Departamento de Patoloxía Animal, da Universidade de Santiago de Compostela.

No 2005, realizo traballos de identificación do gando vacún como veterinario autónomo para a Xunta de Galicia.

Dende o 2006 ata a actualidade veño realizando as campañas de saneamento gandeiro en Galicia contratado polas empresas Tragsega e Tragsatec, actividade que compaxinei nos anos 2010 e 2012 coa de auxiliar de inspector veterinario en matadoiro contratado polas mesmas empresas.

Copyright © 2012 Consulta Veterinara A Piringalla Aviso Legal  |  Contacto  |  Facebook  |  Mapa do sitio