Ledicia Gómez López

Ledicia Gómez López

Formación

Cursei os estudos de Veterinaria na Facultade de Veterinaria de Lugo entre os anos 1995 ao 2000. Completei a licenciatura cun período de investigación no Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, da Universidade de Santiago de Compostela, que me permitiu acadar o Grao de Licenciada en Veterinaria e a Suficiencia Investigadora en Nutrición e Bromatoloxía e Tecnoloxía de Alimentos.

Ademais, dende o 2006 tamén son Licenciada en Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos.

Actividad profesional

Do 2001 ao 2003, participo como bolseira en programas de investigación do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, da Universidade de Santiago de Compostela.

Do 2004 ao 2007, traballo nas campañas de saneamento do gando bovino, ovino e cabrún en Galicia, contratada pola empresa Tragsega.

No 2008 e 2009, realizo actividades de identificación e trazabilidade do gando bovino, ovino e cabrún en Galicia, contratada pola empresa pública Seaga.

Durante os anos 2008, 2010 e 2011, participo na campaña de vacinación e rabia e prevención da hidatidose, organizada polo Colexio de Veterinarios de Lugo en distintos concellos da provincia.

Copyright © 2012 Consulta Veterinara A Piringalla Aviso Legal  |  Contacto  |  Facebook  |  Mapa do sitio