Identificación electrónica (Microchip)

Un microchip é un dispositivo electrónico diminuto que se implanta baixo a pel do pescozo do animal, mediante unha inxección, e asignalle un código de identificación.

O proceso de implantación é rápido e indoloro e o resultado é invisible; ademais, as súas vantaxes son moi positivas, tanto para o animal como para o seu propietario:

  • O código de identificación é unico e serviralle durante toda a súa vida.
  • Relaciona a mascota cunha persoa física ou xurídica.
  • Establece a súa orixe, galega, española ou extranxeira.
  • Facilita e posibilita a recuperación de animais extraviados ou roubados.
  • E, sobre todo, axuda a garantir un control sanitario da poboación canina.

A identificación é obrigatoria:

  • para todos os animais potencialmente perigosos, dende xullo de 2002.
  • para todos os cans, dende xullo de 2003.

O código do microchip léese mediante lectores electrónicos dos que dispoñen os axentes da autoridade e os veterinarios actuantes do REGIAC.

Para evitar fraudes, recorde que a implantación debe ser realizada só por veterinarios actuantes do REGIAC, autorizados pola Consellería de Medio Ambiente.

Copyright © 2012 Consulta Veterinara A Piringalla Aviso Legal  |  Contacto  |  Facebook  |  Mapa do sitio