Alta e modificacións no REGIAC

O REGIAC (Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía) é o rexistro informatizado no que se recolle toda a información dos microchips dos animais identificados en Galicia. É propiedade da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e, actualmente, está xestionado polo Consello Galego de Colexios Veterinarios.

O alta neste rexistro só pode tramitala un veterinario actuante (habilitado como tal pola Xunta de Galicia) e conleva a marcaxe cun microchip.

No momento da identificación do animal, o veterinario actuante cubrirá un impreso oficial de identificación, por triplicado.

O propietario do animal identificado deberá recibir do veterinario actuante un exemplar do impreso oficial, no que figurará necesariamente o código asignado e implantado no animal. O veterinario actuante conservará no seu poder outro exemplar do impreso.

O terceiro exemplar deberá ser remitido polo veterinario ao REGIAC nun prazo máximo de 15 días despois de efectuar a identificación.

O animal deberá ser identificado en presencia do seu propietario, figurando os seus datos e a súa sinatura no impreso oficial de identificación. Os responsábeis do rexistro, despois de recibir a documentación remitida polo veterinario, procederán a procesar os datos e enviarán ao propietario do animal a documentación acreditativa da identificación.

Copyright © 2012 Consulta Veterinara A Piringalla Aviso Legal  |  Contacto  |  Facebook  |  Mapa do sitio