Especialista en cirurxía e anestesia, coa realización dun curso de postgrado de Cirurxía e Anestesia en pequenos animais na Universidade Autónoma de Barcelona, no 2017.
Actividade profesional
Do ano 2000 ao 2005 participo como
bolseiro en programas de investigación no Departamento de Patoloxía Animal, da
Universidade de Santiago de Compostela.
No 2005, realizo traballos de identificación do gando vacún
como veterinario autónomo para a Xunta de Galicia.
Dende o 2006 ata a actualidade veño realizando as campañas de
saneamento gandeiro en Galicia contratado polas empresas Tragsega e Tragsatec,
actividade que compaxinei nos anos 2010 e 2012 coa de auxiliar de inspector
veterinario en matadoiro contratado polas mesmas empresas.