Cando na consulta veterinaria se nos presenta un animal enfermo o máis importante é realizar un diagnóstico correcto da enfermidade que lle está afectando para poder aplicar canto antes un tratamento eficaz. Para axudarnos a chegar a ese correcto diagnóstico, ademais dunha completa exploración do animal e unha exhaustiva anamnese, en moitas ocasións é necesario a realizacíon dalgunha proba clínica.
E entre as probas máis rápidas e sinxelas de facer encóntranse as análises clínicas.
Cunha mostra de sangue pódense realizar hemogramas, probas bioquímicas, probas serolóxícas que nos aportarán datos e valores moi importantes para orientarnos cara ao diagnóstico.
O nivel de hematíes pode indicarnos se o animal está ou non anémico; os leucocitos altos son indicativos dunha infección pola que pode precisar un tratamento antibiótico; e no campo da bioquímica, uns valores elevados de creatinina poden indicar un fallo renal.
Traballamos cun laboratorio externo, ao que lle remitimos, o mesmo día que se toma, as mostras a analizar (sangue, soro, ouriños, feces) e nun prazo corto de tempo (por exemplo: para un hemograma e bioquímica, 24 horas) envíannos os resultados para poder empezar a tratar ao animal, se fora necesario.