Consulta a domicilio

Ademais das consultas que atendemos no centro, hai momentos nos que nos desprazamos ata o domicilio do animal para atendelo. O tratamento no domicilio ten aspectos positivos tanto para a mascota, coma para o propietario. Para a mascota, xa que se facilita manter un bo estado sanitario, dentro do seu medio, minimizando o estrés. E para o propietario, xa que se lle evitan desprazamentos e ten unha maior flexibilidade no horario de atención.

Durante unha consulta a domicilio podemos conseguir unha exploración completa do animal e unha boa amnanese, que xa nos pode orientar sobre o diagnóstico e, se fora necesario facerlle máis probas, sempre sería posible o traslado ata o centro.