Por iso, intentamos axudalos nas súas dúbidas, atendelos en consulta cando están enfermos e pautarlles un tratamento axeitado a cada enfermidade. Ademais recomendámoslles que, para evitar que o animal enferme, sigan unhas correctas pautas de desparasitación e vacinación, e unha boa alimentación. Todos estes factores van repercutir na calidade da súa vida hoxe e no futuro tamén.