Limpezas bucais

A hixiene bucodental dos animais é un aspecto da súa saúde que non se pode descoidar. Estudos recientes indican que o 80% dos animais de máis de 3 anos comeza a ter problemas dentais.

O problema máis frecuente nos animais é a enfermidade periodontal, é dicir, a inflamación e infección secundaria das estructuras que rodean ao dente: encías, ligamentos que suxeitan o dente e tecido óseo da mandíbula ou do maxilar.

A enfermidade periodontal está provocada pola acumulación de placa e sarro no dente. Os síntomás máis frecuentes de enfermidade son: o mal alento (halitosis) nos animais, inflamación e sangrado nas encías (xinxivite). Se non se atende a tempo existe risco de perder algunhas pezas dentais. Ademais esta infección, que se produce na boca, pode pasar a través do sangue a outros órganos do corpo como o corazón, o fígado ou os pulmóns.

Tódolos animais poden sufrir nalgún momento das súas vidas unha periodontite, pero as razas pequenas mostran maior predisposición a padecela. O tamaño dos seus dentes é menor, e poden quedar restos de comida entre eles, restos que favorecen a proliferación bacteriana e a aparición do sarro e da placa.

Estes problemas poden ter solución cunha correcta hixiene bucodental, alimetando ao animal con pensos secos e de alta calidade, que están deseñados para reailzar un efecto mecánico sobre o dente, axudando a eliminar o sarro. Ademais temos á vosa disposición pastas de dentes, colutorios e suplementos dietéticos que axudan a manter unha dentadura limpa, reducindo o risco de placa e sarro.

Pero nalgúns casos, cando o amoreamento de placa é moi importante, é necesario conseguir unha eliminación física da mesma, realizando unha limpeza dental. Para iso dispoñemos no centro dun aparato de ultrasóns de alta potencia, co que realizamos as limpezas, seguindo un rigoroso protocolo.