No Centro Veterinario A Piringalla dispoñemos de servizo de perruquería canina e felina. Ter un animal na casa supón ocuparse del dende diferentes puntos de vista.
Cando adoptamos ou adquirimos un animal, debemos ocuparnos da súa saúde, da súa educación, de que teña unha boa alimentación e tamén unha correcta hixiene. É por iso que a perruquería canina está en auxe, porque non se trata só dun tema estético senón que tamén abarca unha cuestión relacionada coa saúde e o benestar do noso mellor amigo.
Un corte de pelo axuda a eliminar parasitos externos e suciedade acumulada. E, ás veces, manter unhas correctas condicións hixiénicas non é doado para o dono, polo tamaño do animal ou polo seu difícil manexo.
O benestar dos animais é o máis importante para nós.Non hai un tempo marcado para cada animal. Cada caso concreto necesitará un tratamento especializado e o tempo que sexa necesario. Traballamos o pelo con distintas ferramentas e técnicas de corte para conseguir o mellor resultado para cada can.
Traballamos cos mellores productos de cosmética canina e felina, conseguindo así un cuidado do pelo e da pel do animal óptimos. Do mesmo xeito utilizamos diferentes champús para cada tipo de pelo e pel.
Ofrecemos os seguintes servizos de perruquería: