Licenciada en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela dende o 2000.
Licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos pola Universidade de Santiago de Compostela dende o 2006.
Curso de perruquería canina e felina con Juan Chedas, en colaboración coa Facultade de Veterinaria de Lugo, no 2014.
Curso de hixiene buco-dental en cans e gatos, a través de CIM Formación en Barcelona, no 2017.
Especialista en medicina interna en pequenos animais, mediante un posgrado realizado na Universidade Autónoma de Barcelona, no 2017.
Actividade profesional
Do 2001 ao 2003, participo como bolseira
en programas de investigación do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía,
da Universidade de Santiago de Compostela.
Do 2004 ao 2007, traballo nas campañas de saneamento do gando bovino, ovino e cabrún en Galicia,
contratada pola empresa Tragsega.
No 2008 e 2009, realizo actividades de identificación e trazabilidade do gando bovino, ovino e
cabrún en Galicia, contratada pola empresa pública Seaga.
Durante os anos 2008, 2010 e 2011, participo na campaña de vacinación e rabia e prevención da
hidatidose, organizada polo Colexio de Veterinarios de Lugo en distintos concellos da provincia.