Somos a túa mellor opción se queres poñerlle o microchip ao teu can ou gato
No noso centro veterinario, como veterinarios actuantes, ofrecemos o servizo de implantación de microchips en cans e gatos. Estes microchips son pequenos dispositivos que se introducen debaixo da pel dos animais e que conteñen un número de identificación. Este código é único e está rexistrado nunha base de datos autonómica asociado aos datos do animal e do seu propietario.
Coa lectura do microchip lograremos unha identificación rápida da mascota e, polo tanto, a identidade do seu dono en casos de perda ou de abandono. Identificar con microchips a gatos e cans é obrigatorio para garantir a súa seguridade e protección.
Se buscas unha clínica na que implantar o microchip a cans gatos en Lugo ou para ler un microchip, confía no equipo de A Piringalla Veterinaria.