Selecciona o teu idioma

Tenda de mascotas en Lugo - Pensos, xoguetes, roupa...

Visita a nosa tenda para mascotas en Lugo

Tenda de mascotas en Lugo - Pensos, xoguetes, roupa...

Accesorios das mellores marcas do sector

No noso centro veterinario non só nos preocupamos pola saúde das mascotas, tamén polo seu benestar e diversión. Por iso contamos cunha tenda especializada na que encontrarás todo tipo de produtos e accesorios das mellores marcas do sector.

Como tenda de mascotas en Lugo contamos cunha ampla selección de pensos de marcas de referencia, xoguetes e roupa, tanto para cans como para gatos.

Se tes dúbidas sobre que tipo de produto é o idóneo para o teu compañeiro, podes solicitar asesoramento aos nosos veterinarios. Recomendarémosche o penso ou o xoguete perfecto para a túa mascota.

Que podes comprar na nosa tenda de mascotas?

Pensos

No noso centro veterinario poñemos á túa disposición unha ampla selección de pensos para mascotas, especialmente para cans e gatos. Traballamos coas mellores marcas do sector para garantir que os teus amigos conten coa nutrición necesaria e óptima. Dispoñemos de todo tipo de pensos: para cachorros, para adultos, para animais castrados, para cans o gatos con intolerancias ou que presentan algunha enfermidade... Se non tes claro que penso debes comprar para o teu can ou gato, consúltanos.

Xoguetes

É importante que as túas mascotas conten con opcións de entretemento para que, ademais de que se divirtan, alivien o seu estrés ou melloren o seu comportamento. Na nosa selección de xoguetes para mascotas contamos con variedade de opcións: peluches ou cordas, xoguetes masticables, artigos interactivos ou rompecabezas que estimulan a mente do animal... No noso centro veterinario unicamente encontrarás xoguetes e produtos das mellores marcas do sector, queremos garantir o benestar da túa mascota.

Roupa

Cada vez máis propietarios buscan opcións para protexer ás súas mascotas da choiva, do vento ou do frío. Se ti tamén queres facelo, na nosa tenda de mascotas en Lugo contamos cunha sección na que encontrarás roupa deseñada de forma específica para cans e para gatos. Abrigos, chuvasqueiros, xerseis... contamos con diferentes prendas que axudarán a que os teus animais estean abrigados e secos durante os paseos. Consigue que a túa mascota vaia á moda da man de A Piringalla Veterinaria, esperámoste!

Produtos garantidos polos nosos veterinarios en Lugo

Na nosa tenda de mascotas en Lugo só ofrecemos accesorios de primeiras marcas, comprobadas polos nosos profesionais. O noso obxectivo é proporcionar unicamente produtos que cumpran tanto cos estándares de seguridade como cos de calidade.

Podes confiar en que os pensos que temos á venda ou os xoguetes que podes encontrar na nosa tenda son idóneos para as mascotas.

Igual que para ti, a saúde do teu can ou gato é a máxima prioridade para o equipo do noso centro veterinario.

Tenda de mascotas en Lugo - Pensos, xoguetes, roupa...
Contactar con A Piringalla Veterinaria

As túas mascotas merécense o mellor!

Buscas o mellor penso para o teu can ou gato? Queres unha cama cómoda para que a túa mascota poida descansar? En A Piringalla Veterinaria contamos cunha grande variedade de produtos e accesorios para que encontres os perfectos para o teu compañeiro de catro patas. Se tes dúbidas sobre que comprar, pregúntalles aos nosos profesionais.

Contactar

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.