Selecciona o teu idioma

Clínica veterinaria en Lugo

Servizos integrais para o coidado de mascotas en Lugo

Clínica veterinaria en Lugo

Coñece o noso centro veterinario

A Piringalla Veterinaria está formada por un equipo de profesionais altamente formados cunha longa traxectoria ofrecendo servizos para o coidado das mascotas. No noso centro traballamos para proporcionar un enfoque global para poder tratar todas as posibles doenzas que padeza a túa mascota.

Somos os teus veterinarios en Lugo para realizar consultas xerais, nas que levamos a cabo a avaliación completa da saúde do teu fiel amigo. Tamén somos o centro axeitado se necesitas servizos máis específicos ou complexos como análises clínicas, limpezas dentais ou procedementos cirúrxicos.

O noso enfoque como profesionais abarca dende a prevención ata o tratamento, incluíndo o diagnóstico e o seguimento da recuperación do animal. Se buscas veterinarios en Lugo que che ofrezan garantías, é o momento de poñerte en contacto con nós. Coidaremos da túa mascota con cariño e profesionalidade.

Diagnóstico e tratamento de todo tipo de enfermidades

No noso centro veterinario en Lugo ofrecemos servizos de medicina interna, necesaria nos casos nos que as mascotas precisen dun diagnóstico e tratamento para unha enfermidade complexa. Dentro destas doenzas podemos destacar aquelas que afectan ao aparato circulatorio, renal ou respiratorio dun can ou gato.

Contamos con tecnoloxía avanzada para poder diagnosticar de maneira eficaz e precisa aos animais. Proporcionamos unha atención e un enfoque personalizado a cada unha das mascotas para asegurar a súa pronta recuperación.

Se estás buscando veterinarios en Lugo para coidar do teu fiel compañeiro, é o momento de poñerte en contacto có equipo de A Piringalla Veterinaria.

Contactar

Outros servizos

Análises clínicas

Análises clínicas

Dentro das análises clínicas que realizamos podemos destacar os exames de sangue, de urina e/ou de feces. Estes procedementos axúdannos a avaliar o estado das mascotas, detectar posibles enfermidades, avaliar a función dos órganos vitais dos animais e diagnosticar infeccións.

Estas análises son ferramentas fundamentais para que os nosos veterinarios poidan diagnosticar e tratar de maneira eficaz as diferentes doenzas que poida presentar a túa mascota.

Limpezas dentais

Limpezas dentais

As limpezas dentais nas mascotas son cruciais para preservar a súa saúde. Recomendamos a todos os donos que, polo menos unha vez ao ano, soliciten este servizo para eliminar o sarrio e a placa bacteriana dos dentes das súas mascotas para evitar infeccións e perdas de peza dentais.

Unha boa saúde dental en cans e gatos é fundamental para a súa saúde integral e, polo tanto, para poder alargar a súa vida. Queres pedir unha cita para a limpeza dental da túa mascota? Contacta!

Contactar con A Piringalla Veterinaria

Pide unha cita no noso centro veterinario en Lugo

Se queres que os nosos veterinarios revisen a saúde integral do teu can ou, por exemplo, queres realizarlle unha limpeza dental ao teu gato, non dubides en pedir unha cita en A Piringalla Veterinaria. Os nosos profesionais coidarán da túa mascota da mesma forma en que o farías ti.

Pedir cita

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.